Emprendemento

Centro de Emprendemento de Galicia (CEM)

Desenvolver o teu proxecto nunha contorna creativa, co asesoramento de expertos e cunha rede de contactos profesionais xa é posible. O Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura ponse ao servizo dos emprendedores para converter o seu soño nunha forma de vida.

A través dun programa de titoría e acompañamento na posta en marcha de modelos de negocio exitosos, identificación de novas oportunidades e maduración de ideas empresariais, asesoría financeira, networking e showrooms, o CEM adáptase ás túas necesidades.

Se precisas dun lugar de traballo flexible, onde poidas rodearte doutros emprendedores das industrias culturais, establecer sinerxías con eles e aproveitarte dunha rede de contactos profesionais, o Coworking Gaiás é o teu sitio. E para aqueles emprendedores con empresas que comezan a dar os seus primeiros pasos, o Viveiro Gaiás ofrece un espazo onde medrar baixo a titoría dos mellores expertos do sector.

+Info     Coworking Gaiás         

                  Viveiro Gaiás