Curso de Experto en Community Management

Data: 
01/03/2019 a 03/05/2019

O Instituto de Medios Sociales, empresa ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, organiza unha nova edición do seu 'Curso de Experto en Community Management', para todas aquelas persoas que desexen aprender a xestionar correctamente as redes sociais e a súa imaxe de marca en internet.

Este curso está especialmente dirixido a pequenos e medianos empresarios, cargos directivos e responsables de organizacións, xestores e administradores, responsables de Recursos Humanos, xornalistas, directores de Comunicación e Marketing, autonómos e emprendedores.

A duración da formación é de 450 horas e existe a opción de realizala de maneira online ou presencial na Cidade da Cultura. As clases presenciais comezan o 1 de marzo e rematan o 3 de maio de 2019, en horario de tarde (de 16:00 a 18:30 horas). O título obtido pode avalarse coa Apostilla de La Haya.

Máis información na web do Instituto de Medios Sociales.