Taller de Produtores do programa EAVE

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, colabora co programa internacional de formación en produción audiovisual EAVE para desenvolver en Galicia a terceira e última residencia da actual edición do seu emblemático Taller de Produtores do EAVE (Eave Producers Workshop), que terá lugar en Santiago de Compostela do 22 ao 25 de outubro.

A Cidade da Cultura acolle as sesións plenarias do martes 23 de outubro deste taller, no que ademais do alumnado internacional que asiste ao curso durante todo o ano participarán tamén estudantes e profesionais do audiovisual galego. As sesións serán no Auditorio 1 do Edificio CINC.
 
PROGRAMA COMPLETO

  • Luns 22 de outubro. 16.15 a 17.45h: Outreach (Difusión), con Lise Lense-Møller e Kristoffer Barslund.
  • Martes 23 de outubro
    • 15.30 a 17.30h: Beyond Movies – New Media Storytelling (Máis alá das películas: Storytelling nos novos medios), con Domenico La Porta, Lorenzo Benedetti, Antoine Cayrol e Karim Ben Khelifa.
    • 18.00 a 19.30h: Producer-Director Relationship (A relación entre o produtor e o director), con Katriel Schory.
  •  Mércores 24 de outubro, de 14.30 a 15.30h: Entrevista con Teresa Fernández de Bambú Producciones.
  • Mércores 24 de outubro, de 15.30 a 16.30h: Financial Implications of the Digital Shift & Digital Distribution (Implicacións financeiras do cambio dixital e da distribución dixital), con Linda Beath e Karoliina Dwyer.
  • Mércores 24 de outubro, de 19.15 a 20.15h: Producing in and with Spain (Producir en España e con España), con Peter Andermatt e Manuel Monzón.
  • Xoves 25 de outubro, de 9.00 a 11.00h: Legal Aspects of Co-production (Aspectos legais da coprodución), con Pierre-Emmanuel Mouthuy.

As plenarias do luns, mércores e xoves celebraranse no NH Collection, na sala Obradoiro.

Todas as sesións serán de acceso gratuíto para as persoas inscritas e impartiranse en inglés (ofrecerase tradución simultánea ao castelán).

En paralelo ao programa do EAVE Producers Workshop, a organización desenvolverá o EAVE@Santiago de Compostela, un taller feito a medida para oito profesionais galegos, que foron seleccionados tras unha convocatoria  pública.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h