IV Scratch Day

O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais. Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador.

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital. 


A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones. A formación será impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI