Curso de Especialización en SEO, SEM e Analytics

Data: 
20/10/2018 a 19/01/2019

Dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender os fundamentos para mellorar o seu posicionamento en buscadores, mediante a xeración de contidos, a análise de datos e a realización de campañas de publicidade e marketing online. O curso está organizado polo Instituto de Medios Sociales.

A duración do curso é de 250 horas e leva á obtención do título de Especialista en SEO, SEM e Analytics, que pode ser avalado coa Apostilla de La Haya. Ademais, o curso serve para prepararse para acudir aos exames de certificación de Google Adwords e Google Analytics.

A formación pode ser online ou presencial no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, do 20 de outubro ao 19 de xaneiro de 2019 en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Máis información na web do Instituto de Medios Sociales.