Mobile Week Coruña - Xornada de Ciberseguridade

A Xunta de Galicia colabora coa Mobile Week Coruña organizando, o mércores 21 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, unha Xornada de Ciberseguridade dirixida a empresas e á cidadanía en xeral. O evento divídese en dúas sesións:

A sesión da mañá, #PemeSegura.gal, está orientada a empresas e profesionais e contará con expertos na seguridade da información procedentes do INCIBE, e con Enrique Serrano, cofundador de Mundo Hacker. Inscrición á sesión #PemeSegura.gal.

Na sesión da tarde Ciberseguridade para tod@s, dirixida a pais e nais, nenos e nenas, educadores e cidadanía en xeral, trataranse medidas para facer un uso responsable de internet e protexernos ante cuestións como o fraude dixital, o sexting, a ciberviolencia de xénero ou ciberbullying. Inscrición á sesión Ciberseguridade para tod@s.

Programa de #PemeSegura.gal

  • 9.15h  Acreditacións.
  • 9.30h  Presentación institucional. Mar Pereira. Directora de Amtega e Antonio R. del Corral. Presidente do Clúster TIC.
  • 9.45h  Relatorio: Ciberseguridade: que está pasando no ciberespazo?. Luis Hidalgo, Departamento de Relacións de INCIBE.
  • 10.30h  Relatorio principal: Xestionar a ciberseguridade nas empresas dun xeito maduro. Enrique Serrano Aparicio. Experto en ciberseguridade.
  • 11.30h  Pausa-café.
  • 12.00h  Mesa temática de expertos, moderada por Adrian Lence, director da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións de Amtega

Novo regulamento de protección de datos. Adenda
Novos servizos de seguridade. Tarlogic
A seguridade en contornos industriais. Balidea
Incidentes de seguridade. Inprosec
Recuperacion frente a desastres para pemes. Ultreia

  • 13.30h  Peche.

Programa de Ciberseguridade para tod@s

  • 16:30h  Inauguración.
  • 16:45h  "Sexting, ciberviolencia de xénero e privacidade como factor de protección" - Ana Gálvez.
  • 17:15h  "Por unga rede saudable" - Luis Fernando Villar Santos.
  • 17:45h  "Fraude online: riscos no espazo dixital" - Carlos Pérez.
  • 18:15h  Mesa de debate: "Ciberseguridade para tod@s", moderado por Marcus Fernández.
  • 18:45h  Preguntas.
  • 19:00h  Peche da xornada.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h