'Encontros para o emprego' é unha xornada na que expertos en inserción sociolaboral e representantes de diversas empresas darán as claves para atopar traballo a unhas 120 persoas desempregadas de Galicia. A través de obradoiros prácticos, abordaránse cuestións para enfocar con éxito a busca de traballo, como a creación dunha marca persoal ou saber como desenvolverse nun proceso de selección. Ademais, as empresas Adecco, Carrefour, Flexiplán-Eulen, Gadisa, Norintegra, Nortempo, Randstad e Vegalsa-Eroski, entre outras, explicarán que tipo de perfís están demandando e como postular as súas vacantes. Deste modo, os participantes coñecerán de primeira man quen está detrás dos procesos de selección, que é o que buscan agora mesmo as empresas, que tipo de competencias requiren e que esperan dos seus futuros empregados.
O obxectivo da xornada, que terá lugar o 19 de novembro na Cidade da Cultura, é favorecer o acceso ao mercado laboral de forma estable e duradeira a estas 120 persoas, que nos últimos meses estiveron participando no programa 'Vives Emplea Galicia' de Acción contra a Fame, orientado a mellorar as súas competencias laborais e incrementar así as súas posibilidades de atopar traballo.
PROGRAMA DA XORNADA
09.30 h. Acreditacións
10.00 h. Benvida Institucional. Susana Quintas, Xestora da Oficina de Acción Social de Galicia, Acción Contra a Fame; Berta Álvarez- Buylla Falces, coordinadora do Centro de Emprendemento, Cidade da Cultura de Galicia; Laia García, Responsable de Oficinas de Acción Social, Acción Contra a Fame.
Actividades simultáneas con empresas:
10.15-12.15 h. Taller Ti es marca: Habilidades chave para a inserción laboral'. Pedro Rodríguez, formador en habilidades socio laborais.
12.15-13.45 h. Taller Reclutamento e selección. Oscar Otero Casal, Director de Delegación Adecco Santiago de Compostela. Cubículo do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
10.15-14.00 h. Mesas de empresas: Adecco, Carrefour, Flexiplán-Eulen, Gadisa, Norintegra, Nortempo, Randstad, Vegalsa-Eroski e máis empresas por confirmar.
14.00 h. Clausura. Susana Quintas, Xestora da Oficina de Acción Social de Galicia; Dolores Cambeiro, Técnica adx. Intermediación Laboral, Acción Contra a Fame; Representantes de empresas participantes.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH






















