II Xuntanza de avós e avoas educadores

A Cidade da Cultura acolle o día 10 de novembro a II Xuntaza de avós e avoas educadores, unha iniciativa da Cruz Vermella dirixida a maiores de 60 anos que teñen ao seu cargo a educación dos seus netos, durante toda a xornada ou unha parte significativa da mesma.

A xuntaza servirá para recoñecer e agradecer o labor que desempeñan os avós e avoas, compartir experiencias e vivencias e gozar dunha xornada especial.

Máis de 160 avós e avoas que participaron ou están a participar na iniciativa Avós e Avoas Educadores déronse cita o ano pasado no Gaiás na primeira xuntanza organizada pola Cruz Vermella de Galicia. Os obxectivos deste programa son proporcionarlles información e recursos para abordar situacións que se lles presentan cos seus netos e netas no día a día e ofrecerlles un soporte social que tamén sirva como prevención fronte á tensión que leva a crianza e coidado dos nenos e nenas.

Na actualidade o programa desenvólvese, co apoio da Xunta de Galicia, en sete localidades galegas: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Desde que se puxo en marcha, no outono de 2016, máis de 300 persoas beneficiáronse das actividades deste programa, que se basea nunha metodoloxía dinámica e moi participativa.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI