Unha historia por contar

Para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o persoal voluntario da Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro pictórico-literario.

Crear é o máis satisfactorio que existe, produce instantes de felicidade e, se é en familia, mellor que mellor. Neste obradoiro, as e os pequenos e os grandes ides ser creadores dunha historia, será a vosa historia.

Na primeira parte, cada participante deberá realizar un debuxo que pode ser algo moi sinxelo ou recrear unha escena, para iso terán lapis, pinturas, ceras...á súa disposición.

A continuación e a partir dos debuxos feitos iremos creando a historia.

 
En familia
 
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
VENRES DE XULLO
Desde as 19h ata as 12h do día seguinte