II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019

A Universidade da Coruña, a plataforma Educa e a iniciativa Maestros, Innovadores Alumnos Competentes (MIAC) organizan o II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019, que decorrerá na Cidade da Cultura do 21 ao 23 de febreiro. O evento concíbese como un foro de intercambio de coñecemento e experiencias didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e todas as materias. A Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia colaboran neste evento xunto co Concello de Santiago, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, entre outras entidades públicas e privadas.

Desde a organización subliñan a importancia de favorecer sinerxias entre os docentes das diferentes etapas para mellorar a calidade educativa, ademais de coñecerse, ver como traballan os compañeiros e compañeiras, achegar ideas e establecer directrices e liñas de actuación desde a posta en común. O comité organidor está formado por profesorado de diferentes centros educativos e ámbitos do coñecemento, aspirando a converter este evento nun referente nacional e internacional.

As sesións de mañá do II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019 abordarán conferencias maxistrais sobre temas de actualidade e futuro de interese para todas as persoas asistentes, mentres as xornadas de tarde quedarán reservadas para conferencias especializadas en temas específicos de cada área e etapa educativa. Tamén será a quenda para a exposición dos traballos de investigación por parte dos participantes.

Durante o congreso tamén se entregarán os Premios Educa Abanca ao Mellor Docente de España, que recoñecen a aqueles profesores e profesoras que destacan pola súa calidade docente, pola súa praxis, polo seu trato ou pola súa preocupación polo futuro do seu alumnado, entre outros méritos. Os galardóns establecen 5 categorías (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria/Bacharelato, Formación Profesional e Universidade) e teñen como característica principal que as candidaturas deben ser propostas polo alumnado.

Máis información sobre o II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019 e inscricións na web do evento.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h