Día da Muller 2020 | Programación no Gaiás

A Xunta organiza un programa especial de actividades na Cidade da Cultura con motivo do Día da Muller, que se celebra este vindeiro domingo, 8 de marzo. Para sumarse a esta data reivindicativa da plena igualdade de dereitos, durante toda esta semana a cor violeta será a que iluminará as Torres Hejduk, á vez que o Gaiás acollerá a véspera desta celebración [o 7 de marzo ] o acto institucional da Xunta de Galicia.

 

A C C I Ó N S  D A  C I D A D E   D A  C U L T U R A

 

REDEIRAS. UNHA PROFESIÓN CON HISTORIA
Apertura 4 de marzo
Museo Centro Gaiás | Andar 0 

Esta exposición fotográfica itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e procura pór valor o papel das mulleres nun dos máis antigos oficios mariñeiros: a arte da reparación e da fabricación de redes.

O obxectivo desta exposición itinerante, comisariada pola fotógrafa Xela Rodríguez, é darlle visibilidade e recoñecer a contribución ao desenvolvemento e sustentabilidade do colectivo de redeiras galegas, a través dunha mostra fotográfica que fai un percorrido polos procesos artesanais do seu oficio.

 

 

 

 


MULLERES SOBRANCEIRAS: A EDUCACIÓN DA MULLER
Homenaxe a Concepción Arenal | Aberta desde o 6 de marzo 

Biblioteca e Arquivo de Galicia

Como todos os anos, O Arquivo de Galicia preparou unha nova edición da serie Mulleres Sobranceiras para celebrar o Día da Muller.

Neste ano que se cumpre o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, o Arquivo de Galicia quere renderlle homenaxe dedicando a exposición ao tema da educación, un asunto do que a ilustre xurista se ocupou en múltiples publicacións en defensa dos dereitos que as mulleres carecían.


GALICIA, UN RELATO NO MUNDO
Do 8 ao 13 de marzo
As visitas comentadas das 17:30h serán temáticas co gallo do Día da Muller 


Polo Día da Muller as visitas comentadas das 17.30 horas do 8 ao 13 de marzo estarán focalizadas nas mulleres protagonistas da exposición Galicia, un relato no mundo, como A Santa de Francisco Asorey, a escritoria Exeria ou a artista La Bella Otero.

Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, céntrase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.