Festival Atlántica Miúda | Día da Narración Oral na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Narración Oral acollendo unha sesión miúda do Festival Atlántica co espectáculo Avó, de Ramiro Neira.
 
Sinopse: O avó Secundino é unha figura principal na infancia do neno, cos seus contos, lendas, ensinanzas e vivencias. 
 
  • A actividade conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística 
  • Sesión aberta a centros de ensino
  • As reservas fanse directamente desde o Festival Atlántica
 
 

Ramiro Neira

É diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) e ten moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor teatral. Como actor traballou e traballa con diferentes compañías: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán, entre outras.

Como docente e director coordinou grupos en Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Forum Metropolitano...).

Como produtor e distribuidor traballou con Teatro da Bufarda, Hac Luce Universidade da Coruña, Teatro da Lúa, UVG Teatro, Galileo Teatro, Ballet Studio, Paparota Teatro, etc.

Actualmente compaxina os seus traballos como docente, actor e director coa coordinación de diferentes proxectos do Concello da Coruña e do Forum Metropolitano, como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente da Coruña.