Mulleres Sobranceiras: A educación da muller | Homenaxe a Concepción Arenal

Neste ano que se celebra o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, o Arquivo de Galicia rénderlle a súa particular homenaxe elixindo como motivo da exposición o tema da educación da mullersobre o que a ilustre xurista amosou sempre unha gran sensibilidade e inquietude.

Trátase dunhas 40 pezas entre documentos textuais, fotografías, planos e obxectos que reflicten a evolución do papel da muller no sistema educativo desde 1857 coa chamada Lei Moyano, na que a súa instrución limitábase a chamada “educación de adorno” como bordado, debuxo, piano ou francés; aos avances no primeiro terzo do século XX co acceso a actividades profesionais “axeitadas para o seu sexo”; e o profundo retroceso provocado polo réxime franquista no que a educación vai indicir no papel da maternidade e da realización dos traballos do fogar.

Con esta exposición perséguense estes obxectivos:

  • Darlle visibilidade ao papel das mulleres 
  • Concienciar sobre os cambios necesarios para conseguir unha sociedade verdadeiramente integradora e igualitaria.
  • Igualmente preténdese dar visibilidade aos arquivos como institucións garantes dos dereitos e obrigas das sociedades nos que se insiren e concienciar sobre a necesidades de dotalos de recursos suficientes para o cumprimento das funcións que teñen encomendadas.


Tomando como referencia algunhas ideas expresadas por Concepción Arenal nas súas publicacións (“A muller do porvir”, “A muller da súa casa” e sobre todo no informe “A educación da muller”, presentado no Congreso Pedagóxico Hispano Portugués Americano, organizado con motivo da celebración do IV Centenario do Descubrimento de América, que serve de título para a exposición) seleccionouse unha escolma de documentos custodiados no Arquivo de Galicia sobre un tema que continúa sendo de especial transcendencia hoxe en día: a educación da muller.

Dun total de 35 documentos selecionados,  dun período comprendido entre o ano 1835 e 1969, 30 se custodian no Arquivo de Galicia. Os cinco restantes foron cedidos temporalmente para a súa exhibición e forman parte dunha colección particular.

Os documentos custodiados no Arquivo pertecen a diferentes  fondos e coleccións ingresados por transferencia, doazón, depósito ou compra, dos que salientamos o Fondo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, da Casa de Banca e Comercio Bengoechea, do Instituto Rosalía de Castro, da Familia Vilariño Pintos, ou da Fundación Manuel Ventura Figueroa.

Trátase de documentos que reflicten a natureza dun sistema educativo que orientaba ás mulleres a unha formación en materias propias da vida doméstica ou, no caso de famílias burguesas, a unha “educación de adorno”, pero moi limitada na maioría dos casos a unha verdadeira formación profesional libremente elixida.

 
Exposicións
 
 
26 XUÑ - 25 OUT
De 10 a 20 horas
ATA O 30 SET
De 9 a 21 horas
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas
3 OUT 2020 - 17 XAN 2021
De martes a domingo | De 10 a 20 h
6 NOV - 4 ABR
De 10 a 20 horas