Reto da Raposa Fedella | Paraíso terrenal

Novo desafío da Raposa Fedella!

Hoxe quere pór a proba a vista de aguia da vosa cativada cunha das súas pinturas favoritas da exposición do Museo Centro Gaiás Galicia, un relato no mundo, ' O Paraíso terrenal', de Pieter Brueghel 'O Novo'.

Unha pasaixe natural ateigada de animais, da que tira proveito a nosa pícara amiga para retos en familia sobre os vosos coñecementos do medio natural e para pór ao descuberto as vosas dotes artísticas e creativas [***]. Pois, vai quedar pampa coa vosa destreza!
 
Premede enriba da imaxe da Raposa Fedella para comezar esta nova entrega das Aventuras no monte das artes. Investigade, creade e sobre todo,  gozádea!
[***] ANIMÁDEVOS A COMPARTIR AS VOSAS CREACIÓNS ARTÍSTICAS PARA FACER UN ÁLBUM CON TODAS ELAS. FACÉDENOLAS CHEGAR A: onlinecidadedacultura@gmail.com