Nunha nova edición das nosas “visitas fiadas” en Twitter, mergullámonos en liñas e diagramas, espazos e volumes, módulos e texturas. Achegámonos á arquitectura do Gaiás, aos seus icónicos trazos nacidos do maxín do arquitecto neoiorquino Peter Eisenman, descubrindo as entrañas do proxecto arquitectónico e algunhas das claves do seu deseño.
Unha descuberta en 17 chíos da man de Xoán Escudero (@FAremberg) —un dos nosos compañeiros do Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao público do Museo Centro Gaiás—, que debullamos a través da nosa canle de Twitter (https://twitter.com/cidadedacultura).
Se non o seguiches en tempo real, podes lelo aquí: https://bit.ly/FioTwitter_ArquitecturadoGaias
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo
7 — 8 Mar 2026
12.00 h







