Día do Libro Infantil e Xuvenil | #aculturasegue

As cousas de Ramón Lamote, de Paco Marín; Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas; A formiga coxa, de Marilar Aleixandre ou Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Seguro que algúns destes libros marcaron de pequenas e pequenos a máis dun e abriron a espita dun inesgotable gusto pola lectura.
 
Cal foi o teu? Ou cal é o da túa cativada? Animáte a compartilo con nós polas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram, e etiquetándonos se che presta) coa capa ou o título para tecer entre tod@s unha gran biblioteca en liña de propostas lectoras para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Se vos parece, comezamos nós inaugurando este andel virtual cunha lectura en rede con obras dunha das nosas autoras favoritas, María Victoria Moreno, un dos faros da nosa literatura infantil e xuvenil, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.
 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada