Agosto monicrequeiro | Espectáculos familiares de marionetas con Baobab, Tanxarina e Kukas

Agosto é o mes do verán que máis vencellamos coas vacacións e con divertidos plans en familia. E na Cidade da Cultura ides atopalos cunha programación que adobía á perfección lecer e cultura para a vosa cativada.

O primeiro mércores de agosto arranca Agosto Monicrequeiro, con espectáculos das mellores compañías galegas de marionetas: Baobab Teatro [5 de agosto] , Tanxarina Títeres [12 de agosto]  e Os monicreques de Kukas [19 de agosto] , que garanten un plan en familia, ao aire libre [Xardín do Teatro] e con moitas risas e diversión.

                                                      PROGRAMACIÓN

 

BOABAB TEATRO | 5 AGOSTO | 19H
Idades recomendadas: de 1 a 8 anos
Duración aproximada: 40 minutos

Roque, Roquiño descobre o camiño: Andrea vén de facer o camiño de Santiago e está emocionada con todo o que aprendeu, coñeceu xente de diferentes lugares da Galicia que lle ensinaron xogos de mans, cantigas, poemas.. E contos, moitos contos e historias que se contan no camiño, así que Andrea vén disposta a descubrirlle a Roque todos eses xogos.

Ficha Artística
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Guión: Andrea Bayer
Actriz/Actor: Andrea Bayer e Óscar Ferreira


TANXARINA TÍTERES | 12 AGOSTO | 19H
Idades recomendadas: Maiores de 3 anos
Duración aproximada: 50 minutos

Titiricircus: Historia de dous vellos traballadores dun antigo circo que agora lembran con marionetas de fíos as glorias do seu pasado. Un permanente xogo participativo co público, onde aparecerán os números máis importantes dese circo xa desaparecido.
Ficha artística
Actores: Eduardo Rodríguez e Miguel Borines
Técnico de luz e son: Andrés Giráldez
Guión e direción: Eduardo Rodríguez e Miguel Borines
Construción de marionetas e escenografía: Tanxarina títeres
Música: Sky; Ravi Shankar, Stephane Grappelli, Scott Joplin.


OS MONICREQUES DE KUKAS | 19 AGOSTO | 19H
Idades recomendadas: De 3 a 12 anos
Duración aproximada: 50 minutos

Xan Perillán e a maleta máxica: Espectáculo que mestura clown, pantomima, maxia e manipulación de monicreques. Xan Perillán ten sorte, tocoulle unha viaxe a Pernambuco… Onde está? No hemisferio norte ou no sur? Con maxia e a axuda dos nenos pescudarao. Reúne as súas cousas e méteas na maleta, na que todo o que mete convértese nun truco de maxia!

Ficha artística
Autor: Marcelino de Santiago
Directora: Isabel Rey Posada
Elenco: Marcelino de Santiago

 
En familia