Debuxando a Biblioteca de Galicia | Compostela Ilustrada

Aprender a debuxar grandes arquitecturas, como a Biblioteca de Galicia de Peter Eiseneman!!

Luis Ruíz Padrón aterra en Santiago de Compostela procedente desde Málaga con este fin dentro do programa de Compostela Ilustrada - Edición Verán, que para esta versión de estió conta co complexo da Cidade da Cultura para a súa programación, en concreto coa cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, como é a Bibilioteca de Galicia.

Doutor en Arquitectura, Luis Ruíz Padrón colabora semanalmente cos xornais La Opinión de Málaga e Diario SUR; neste último está a cargo da contraportada dos domingos, a cal ocupa cunha crónica debuxada e escrita da cidade. É presidente da Asociación Cultural Malagráfica, organizadora dos encontros de debuxo do mesmo nome.

COMPOSTELA ILUSTRADA

Ao longo deste mes de agosto terán lugar por toda a cidade un conxunto de actividades deseñadas polo Concello de Santiago e Compostela Ilustrada nas que se mesturan, coma sempre, debuxo e cultura, e nas que se contará cunhas convidadas e convidados de primeiro nivel para que ninguén deixe pechadas na casa as acuarelas e os cadernos.

 
Visitar