Concepción Arenal. Entre o conto da súa vida e o imposible

Este ano conmemórase o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, e a Biblioteca de Galicia quere rendirlle unha homenaxe coa realización dun obradoiro para dar a coñecer figura dunha muller activista e pioneira nos movementos fiministas e de igualdade de xénero; unha muller disposta a revelarse por aquelas persoas máis desfavorecidas: os pobres, as mulleres e os presos.

Gran observadora e pensadora, esta muller de carácter inconformista nun tempo no que o acceso á educación estaba restrinxido aos homes, o seu obxectivo foi loitar contra isto para facer unha sociedade máis xusta.

Neste obradoiro realizaranse unhas caixas expositivas a partir de materiais coma cartón, corda, tea...combinando as propostas plásticas con exercicios de escrita que, a modo de caligramas, recuperarán a testemuña da obra de Concepción Arenal.