Visita en liña por Youtube | Os brancos segredos do seu ventre

Non puideches achegarte aínda a ver 'in situ' Os brancos segredos do seu ventre? O persoal de guías da Cidade da Cultura de Galicia achéganche en liña e por videoconferencia esta escolma cromática dos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea realizada pola crítica de arte e comisaria da mostra, Bea Espejo. Só tedes que conectarvos a nosa canle de Youtube este sábado, 3 de xullo, ás 12 horas e gozar desta visita comentada virtual e en directo desde o mesmo Museo Centro Gaiás.

Os brancos segredos do seu ventre amosa unha escolma de 53 de obras procedentes da Fundación Rac realizada por Bea Espejo, comisaria deste proxecto do Museo Centro Gaiás e supón exhibir por vez primeira en Galicia, fóra da súa sede en Pontevedra, unha selección desta colección, unha das máis importantes en Galicia de arte contemporánea.

A Fundación RAC, situada en Pontevedra, fundada por Carlos Rosón, atesoura máis de trescentas obras de 170 artistas, entre os que se atopan algúns dos nomes máis relevantes da creación actual, tanto nacional como internacional. Declarada Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia, esta colección é unha das máis relevantes de España no eido da arte contemporánea. O traballo da Fundación Rac na conservación e promoción da creación artística fíxoa merecedora de galardóns tan relevantes como o Premio Arte e Mecenado da Obra social "la Caixa" no ano 2018, distinción de referencia coa que se premia o compromiso privado co sistema artístico.

Deste xeito, na mostra exhíbense obras de recoñecidos artistas internacionais da arte contemporánea, como son Tracey Moffatt, Juliâo Sarmento, John BaldessariJoseph BeuysTacita DeanRoman Signer, Sofía Táboas ou Ernesto Neto.

Nesta escolma non faltan artistas españois con repercusión internacional, como Ignasi Aballí —autor do proxecto que representará a España na vindeira Bienal de Venecia — Carmen CalvoEulalia Valldosera ou Pepe Espaliú.

En canto a presenza de galegos, é importante na colección de Carlos Rosón a incorporación de obras de Diego Santomé, presente no Museo Gaiás xunto a pezas de Rosendo Cid, Marcos Covelo, Sara Coleman e da recoñecida Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas e candidata aos Turner, os premios de arte máis coñecidos e prestixiosos do Reino Unido que outorga anualmente a Tate de Londres.

 

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h