Visitas comentadas | Xacobeo. As pegadas do Camiño

Podes visitar Xacobeo. As pegadas do Camiño con entrada libre e de balde cando queiras, pero se che apetece afondar máis no seu significado e no que representan as súas pezas, adentrándote no fénomeno da peregrinación a Santiago máis polo miúdo, podes reservar praza para as nosas visitas comentadas. O equipo de guías da Cidade da Cultura de Galicia ofreceravos un excepcional percorrido para orientarvos polo legado cultural en diversas facetas que deixaron as rutas xacobeas desde a Idade Media ata os nosos días.

A exposición está comisariada por Darío Villanueva, catedrático da USC e exdirector da RAE, co apoio dun recoñecido comité científico. Entre as pezas atópanse manuscritos (códices, breviarios, panexíricos...), pinturas (Murillo e escola de El Greco), cartografía (escolma de mapas co Camiño como protagonista), fotografías antigas e actuais, referencias fílmicas, literatura de viaxes ou unha reprodución de instrumentos musicais medievais.

Información práctica

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reseva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.