Barullo de Nadal | Espectáculo Musical na Biblioteca de Galicia | Nadal no Gaiás 2025 - 26

Barullo de Nadal é un espectáculo infantil de clown no que Nelson Quinteiro se transforma no divertido Trasno Patajullo, axudante do Apalpador. Xunto ao seu amigo Pepe, un simpático porquiño, vivirán unha aventura musical na que a cativada participa activamente cantando e bailando.

A historia xira arredor de escribir a carta ao Apalpador para que Pepe reciba un instrumento da música tradicional galega. Durante a viaxe, descubrirán unha gran variedade de instrumentos: gaitas, pandeiros, peitoque, tarrañolas… e con axuda de pedais de loop, crearán ritmos complexos e divertidos.

O encanto do clown mestúrase coa riqueza da música galega, dando lugar a unha personaxe cómica e entrañable. A cativada poderá gozar de ritmos como a xota, a muiñeira ou o pasodobre, cantando, bailando.

Ven gozar do Nadal á Biblioteca de Galicia!

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas