Teatro | Espantallo amigo

A Biblioteca de Galicia organiza unha representación teatral para público familiar, Espantallo amigo, baseada no conto de Xosé Neira Vilas, a cargo da compañía Os Quinquilláns.

SINOPSE

Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos.

Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os merlos, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos merlos, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos a un vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esqueleto con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)