En concerto cos Trasnos do Nadal

A Biblioteca de Galicia trae para o Nadal un animado concerto para a cativada con carácter didáctico. Con cinco instrumentos como son a gaita, o acordeón, a percusión, o ukelele e a voz, e cunha escenografía que recrea unha Galicia imaxinaria, presentarase a vida dos trasnos galegos ao longo de todo o ano ata chegar ao Nadal, época na que  teñen que axudar ao Apalpador.

No espectáculo preséntanse os instrumentos da tradición musical galega, ademais de facer un percorrido polas panxoliñas, cantos de Reis e cancións relacionadas coas viaxes que os trasnos teñen que facer na Noite de Nadal por toda a xeografía galega.

O 17 de decembro ás 18 horas no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca, con entrada de balde previa inscrición. Reserva a túa praza na columna da dereita.

 
En familia