Visita familiar á exposición «De lugares e cousas» | Nadal no Gaiás

Neste Nadal a Cidade da Cultura énchese de actividades para gozar en familia nestes días tan propicios para pasar tempo xuntos. Entre as nosas propostas, programamos uns percorridos moi especiais polas exposicións e a arquitectura do Gaiás, para comprender dunha maneira moi divertida a creación artística e arquitectónica que abrangue este complexo. 

VISITA FAMILIAR Á EXPOSICIÓN "De Lugares e cousas"

  • Consulta datas e horarios na columna dereita
  • Duración: 60 minutos
  • Idade recomendada: a partir de 8 anos
  • Actividade familiar. É precisa a asistencia dun adulto.
  • DE BALDE, PREVIA INSCRICIÓN 

A partir de seis das pezas que conforman a mostra De lugares e cousas convidamos ás familias a mergullarse no mundo da arte contemporánea. Provocativa, divertida, pero tamén ás veces polémica e estraña, a arte do presente é a máis diversa que nunca teña creado o ser humano.

Nesta visita familiar, partindo de obras de artistas de prestixio internacional como a galega Ángela de la Cruz, conversaremos e imaxinaremos todo o que a arte máis provocadora nos pode ensinar.

 
En familia