Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia | Exposición Biblioteca de Galicia

O concepto de festa con verbena é algo ligado a Galicia dende hai séculos. Aínda que hai celebracións que tenden á defensa da tradición orixinal, o fenómeno da verbena está intimamente relacionado coa evolución da tecnoloxía, da sociedade e do consumo de música popular.

Pensar antes de disparar | Obradoiro fotográfico ao redor da exposición «Nicolás Muller. Vento Norte»

Ao fío da exposición Nicolás Muller. Vento Norte, que remata a súa andaina no Gaiás o próximo 5 de novembro, organizamos para este mes de outubro unha actividade didáctica especial para que o estudantado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional descubra o potencial creativo e transformador da fotografía.

A Xunta rende homenaxe ás mulleres do Seminario de Estudos Galegos no centenario da súa fundación cunha mostra con fondos da Biblioteca de Galicia

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura a mostra bibliográfica As mulleres do Seminario de Estudos Galegos coa que rende homenaxe á institución no centenario do seu nacemento, desta vez dende outra perspectiva. A exposición céntrase nas mulleres que tiveron algún tipo de relación co Seminario, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca.

Santiago de Compostela, 06 de Outubro de 2023

Charla-concerto de Nicolas Bras

A Cidade da Cultura acolle o 16 de outubro un concerto de Nicolas Bras, músico, docente, divulgador e construtor de instrumentos con materiais cotiás e de refugallo. No marco do proxecto Polos Creativos, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, o músico francés interpretará diferentes pezas e achegará ao público o proceso de fabricación dalgúns do máis dun milleiro de instrumentos de vento, corda e percusión que ten construído ao longo da súa traxectoria.

Luz na Terra: obradoiros para a cativada

O Museo Gaiás convértese nun enorme taboleiro de xogo onde a rapazada descubrirá e interpretará o mundo, experimentando con diferentes linguaxes e achegándose dun xeito lúdico á nosa historia e ao espírito aberto, integrador e científico do Seminario de Estudos Galegos. O empeño por coñecer Galicia, por divulgar a cultura e o patrimonio e a aposta pola ciencia como vía de progreso foron os sinais de identidade que un século atrás marcaron o traballo dos e das integrantes do Seminario.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS