Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum

Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum é unha exposición internacional que achega a Santiago de Compostela o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Será a primeira vez e única que estas pezas procedentes de Xerusalén se poidan ver en España, exhibíndose no Gaiás entre o 22 de marzo e o 4 de agosto de 2024.

‘Hábitats. Natureza estendida’, unha experiencia inmersiva para explorar desde o Gaiás a biodiversidade do planeta

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou hoxe unha nova instalación inmersiva na Cidade da Cultura que combina arte e tecnoloxía ao servizo dun relato que promove a descuberta da biodiversidade e a responsabilidade á hora de relacionarnos co medio ambiente. Hábitats.

Santiago de Compostela, 04 de Decembro de 2023

A obra de José María Barreiro é salientada polo presidente da Xunta como crónica visual da memoria colectiva galega

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a obra de José María Barreiro como crónica visual da memoria colectiva da nosa comunidade e exemplo de entendemento profundo coa identidade galega.

Santiago de Compostela, 30 de Novembro de 2023

'Galiverso. O vello Portomarín' ofrece paseos virtuais pola antiga vila luguesa antes de ser anegada polo encoro de Belesar

A Xunta impulsa un novo proxecto de dixitalización do patrimonio que reconstrúe e permite visitar a antiga vila de Portomarín tal como era antes de quedar asolagada polo río Miño en 1963 coa construción do encoro de Belesar. Esta nova experiencia intégrase dentro do Galiverso na Cidade da Cultura, unha iniciativa que amosa dunha maneira diferente e aberta a riqueza histórica e natural do país mediante o uso da realidade virtual.

Santiago de Compostela, 20 de Novembro de 2023

O Gaiás completa o programa expositivo de 2023 cunha experiencia dixital inmersiva na natureza e unha retrospectiva do pintor José María Barreiro

Unha exposición homenaxe ao pintor galego José María Barreiro e unha nova aventura dixital para explorar a biodiversidade do planeta son as dúas propostas coas que a Xunta de Galicia pechará o programa expositivo da Cidade da Cultura de 2023. Con elas, son xa dezaoito as mostras e intervencións artísticas realizadas no complexo do Gaiás ao longo deste ano, ás que se suman as sete itinerancias organizadas pola Fundación Cidade da Cultura dentro e fóra de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de Novembro de 2023

Nadal no Gaiás 2023-24

Este ano no Nadal no Gaiás prememos o botón de pausa nos abafos destas datas para volver ás orixes da festividade do solsticio do inverno, agardar polo regreso da luz e celebrar un Nadal máis sostible, afastándonos da présa e do material e gozando do tempo compartido en familia. 

Hábitats. Natureza estendida

Hábitats. Natureza estendida é unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra, nunha viaxe polos cinco continentes. Combinando nunha única capa os mundos físico e dixital, Hábitats transpórtanos, sen saír do Museo Centro Gaiás, por nove destinos nos que poderemos convivir e interactuar con animais e plantas recreadas grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada.

Máis de 16.000 persoas visitaron xa a mostra «Luz na Terra» no Museo Gaiás

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura, que abriu as súas portas o pasado mes de xullo no Museo Centro Gaiás, colleita xa máis de 16.000 visitas. A mostra, organizada pola Xunta de Galicia, encádrase nos actos de conmemoración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos e estará aberta na Cidade da Cultura ata o vindeiro 7 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de Novembro de 2023

Unha nova entrega de «Cidades no tempo» afonda na orixe e identidade de Vigo e no seu carácter cultural, industrial e renovador

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e Afundación (Obra Social ABANCA) presentaron esta tarde a exposición Vigo no tempo, que poderá visitarse na sede desta última entidade ata o 20 de xaneiro de 2024.

Santiago de Compostela, 10 de Novembro de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS