Clásicas desfeitas vol. 10 e 11 | «Míticas pero secundarias»

O díptico Míticas pero secundarias pecha o ciclo Clásicas desfeitas de 2024 indagando nalgúns dos nomes menos coñecidos dos clásicos gregos para traelos ao presente desde a ollada particular de Antón Reixa e Antela Cid. Polícrates, Ismene, Crisótemis e Políxena son a fonte de inspiración para os volumes 10 e 11 do ciclo, que veremos florecer de maneira independente pero complementaria nas Residencias Artísticas do Gaiás. 

«A infeliz felicidade e o prezo do aceite» de Antón Reixa

O Gaiás, elixido insignia da cultura galega en 2023 polo prestixioso Observatorio da Fundación Contemporánea

A Cidade da Cultura foi a insignia da cultura galega en 2023, segundo vén de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de 414 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Así, o Gaiás encabeza a listaxe de propostas culturais en Galicia e entra no número 63 do ránking nacional, no que tamén figura o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no 84, 13 postos por riba de 2022.

Santiago de Compostela, 16 de Xaneiro de 2024

Reunión de traballo do director xeral de Cultura e a directora de ‘Escenas do cambio’ para a organización da X edición do Festival

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, e a directora de Escenas do cambio, Kirenia Martínez, mantiveron hoxe unha reunión para pór sobre a mesa o traballo avanzado de cara á organización da décima edición do Festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, en maio de 2024.

Santiago de Compostela, 11 de Xaneiro de 2024

Pequefilmes volve en xaneiro ao Gaiás con medio cento de curtas galegas, españolas e internacionais

A Cidade da Cultura acolle neste primeiro mes do ano unha selección do mellor cine para público miúdo cunha nova edición de Pequefilmes, o festival internacional de curtametraxes infantís que proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países, o 26, 27 e 28 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 09 de Xaneiro de 2024

A exposición «Luz na Terra» despídese do Museo Centro Gaiás

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura despídese este domingo 7 de xaneiro do Museo Centro Gaiás, onde fora inaugurada a comezos do pasado mes de xullo. A mostra encadrouse nos actos cos que neste ano que vén de rematar se conmemorou o centenario da fundación do Seminario.

Santiago de Compostela, 08 de Xaneiro de 2024

O Gaiás pecha 2023 cun balance de máis de 700 eventos e actividades culturais e superando de novo a cifra do millón de visitas

A Cidade da Cultura de Galicia pechará o 2023 organizando máis de 700 eventos e actividades culturais. Con estas cifras despide un ano no que arrincou a construción do Centro galego de artes dixitais, e no que o Gaiás volveu situarse entre as tres institucións da Comunidade mellor valoradas polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.

Santiago de Compostela, 25 de Decembro de 2023

O Museo Gaiás abre un espazo lúdico de Nadal que convida a descubrir o xogo libre para estimular a creatividade

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, prendeu este venres a iluminación da grande árbore instalada no Museo Centro Gaiás dando así comezo á programación de Nadal na Cidade da Cultura. O Hall de Tirantes transfórmase nesta época nun mundo de fantasía onde o importante é crear un espazo para fuxir das présas destas datas, convidando a unha celebración máis sostible e sosegada, volvendo ás orixes: gozar en familia e compartir tempo e xogos.

Santiago de Compostela, 15 de Decembro de 2023

O Gaiás, único destino en España onde se exhibirá o tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén

A Xunta de Galicia vén de ratificar un acordo coa Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa e a Custodia de Terra Santa de Xerusalén para exhibir na Cidade da Cultura —entre marzo e agosto de 2024— o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum. Santiago de Compostela será o único punto en España onde se poderá ver este conxunto de obras que agora mesmo se exhiben na capital portuguesa, onde veñen de iniciar un itinerario internacional que as achegará a diversas cidades de Europa e América.

Santiago de Compostela, 12 de Decembro de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS