Antón Reixa e Antela Cid converten en protagonistas ás secundarias da traxedia clásica para falar do medo ao éxito e de igualdade

Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.

Santiago de Compostela, 14 de Febreiro de 2024

[De]construírnos en familia | 8M Día Internacional da Muller 2024

[De]construírnos é a nosa proposta para conmemorar en familia este 8M, Día internacional da Muller, cun divertido xogo no que derrubar estereotipos e construír unha sociedade igualitaria entre todas e todos. Nesta gran xincana por equipos, o Museo Centro Gaiás convértese nun taboleiro xigante e as persoas participantes nas fichas deste xogo pola igualdade. 

REGA 24 | Residencias artísticas do Gaiás

As Residencias Artísticas do Gaiás (REGA) encadran unha serie de actuacións estratéxicas que teñen como finalidade apoiar o talento e dar visibilidade á creación artística e cultural contemporánea, tanto galega como internacional.

En 2024, REGA prestará apoio a unha vintena de novos proxectos artísticos e culturais que tirarán proveito dos espazos, recursos técnicos e relacionais da Cidade da Cultura para dar os seus primeiros pasos.

A Cidade da Cultura estrea esta fin de semana un ‘Hamlet’ de Cunqueiro interactivo co público dentro do ciclo Clásicas desfeitas

A Cidade da Cultura estrea hoxe Hamlet, o de Cunqueiro, unha visión renovada da peza teatral que busca a complicidade e interacción co público para axudar a resolver os enigmas que atormentan ao Príncipe de Dinamarca. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde á primeira representación da obra, impulsada pola Xunta de Galicia a través das Residencias Artísticas do Gaiás e en colaboración co Centro Dramático Galego.

Santiago de Compostela, 02 de Febreiro de 2024

Unha grande exposición sobre a cultura viquinga chegará ao Gaiás grazas a acordos con museos nacionais de Suecia, Dinamarca, Francia e España

A Xunta de Galicia vén de pechar acordos de colaboración con Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España para a organización da mostra internacional Unha vida viquinga, que exhibirá no Museo Centro Gaiás máis dun centenar de pezas vencelladas coa cultura viquinga, a meirande parte nunca antes amosadas en España.

Santiago de Compostela, 30 de Xaneiro de 2024

Unha vida viquinga

A exposición internacional Unha vida viquinga achega á Cidade da Cultura unha visión máis ampla e diversa dun pobo que agocha moito máis ca unha historia de conquistas e violencia. Trátase dunha das maiores exposicións realizadas en España sobre cultura viquinga e abrangue arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas de Suecia, Dinamarca, Francia e España, entre elas catro Museos Nacionais e unha Biblioteca Nacional.

O ciclo 'Clásicas desfeitas' renova o Hamlet de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura

O ciclo Clásicas Desfeitas, promovido pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro un novo Hamlet que mestura a linguaxe escénica e a interactividade propia dos videoxogos para crear unha nova obra de teatro itinerante na que o público participa directamente no desenvolvemento da trama.

Santiago de Compostela, 24 de Xaneiro de 2024

O Gaiás convida a gozar dun entroido familiar cun concerto de Brais das Hortas e un baile de disfraces

A Cidade da Cultura volve celebrar a súa tradicional festa de Entroido convidando ao público a unha divertida tarde familiar. A música de Brais das Hortas e un gran baile de disfraces, con DJ e temática relacionada coa horta, serán os grandes protagonistas.

Santiago de Compostela, 23 de Xaneiro de 2024

O Gaiás acolle o mellor cinema infantil internacional coa oitava edición do festival Pequefilmes

A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana unha selección do mellor cinema para público miúdo coa oitava edición de Pequefilmes. O festival internacional de curtametraxes infantís proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países repartidas nas xornadas do venres 26, o sábado 27 e domingo 28.

Ademais de gozar en familia dos filmes, os nenos e nenas tamén se converterán en pequenos críticos de cine, xa que será a cativada a encargada de elixir cos seus votos as mellores curtametraxes que serán premiadas no festival.

Santiago de Compostela, 22 de Xaneiro de 2024

O Gaiás restaura pezas históricas galegas para incluílas na exposición «Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum»

A Xunta de Galicia restaura un conxunto de pezas pertencentes ao Convento de San Francisco de Santiago de Compostela para a súa inclusión na exposición Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum. Entre marzo e agosto, esta mostra exhibirá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, por vez primeira en España, obras mestras da colección histórica do Terra Sancta Museum de Xerusalén.

Santiago de Compostela, 19 de Xaneiro de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS