A Cidade da Cultura adiántase á celebración do Día Internacional da Danza, que se celebra en todo o mundo o 29 de abril, coa posta en escena dunha adaptación moi especial da obra Romeo e Xulieta de William Shakespeare vista a través do ballet composto por Sergei Prokofiev.
Da man da Real Filharmonía de Galicia e a compañía teatral Per Poc, a Cidade da Cultura ofrece unha obra musical protagonizada por monicreques de gran formato que darán vida aos personaxes de Shakespeare sobre a música descritiva do ballet de Prokofiev. Unha obra moi visual coa música como protagonista e onde orquestra, actores e monicreques se interrelacionan ata formar unha unidade.
Selección musical do ballet 'Romeo e Xulieta' de Sergei Prokofiev:
1. nº 27. The nurse gives Romeo the note from Julieta
2. nº 33. Tybalt and Mercutio fight
3. nº 3. The street awakens
4. nº 30. The people continue to make merry
5. nº 13. Dance of the Knights
6. nº 34. Mercutio dies
7. nº 2. Romeo
8. nº 35. Romeo decides to avenge Mercutio’s death
9. nº 36. Finale
10. nº 7. The Prince gives his order
11. nº 38. Romeo and Juliet (Juliet’s bedroom)
12. nº 46. Juliet’s bedroom
13. nº 49. Dance of the girls with lilies
14. nº 12. Masks
15. nº 52. Death of Juliet


