Encontro de bloggers de moda en Con-Fío en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou esta mañá no Encontro de Bloggers de Moda que acolleu a Cidade da Cultura con motivo da exposición Con-fío en Galicia a importancia das novas linguaxes e formas de comunicación no desenvolvemento do sector téxtil-moda galego e na consolidación da ‘marca Galicia’.

Santiago de Compostela, 12 de Marzo de 2016

Colección González-Moro, un museo do traxe na casa

Pouco podía imaxinar a avoa Paquita que o baúl cheo de roupa co que as súas netas fantaseaban cada tarde ía convertirse nunha das mellores testemuñas da historia do traxe en España. Porque iso é a colección González-Moro, unha rica e exhaustiva compilación de prendas, complementos e roupa interior que conta a historia do último século. Do 11 de marzo ao 11 de setembro, a mostra Con-Fío en Galicia exhibirá vinte destas xoias.

Galego

O Gaiás desenvolverá 200 actividades culturais neste 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que a Cidade da Cultura, na súa triple liña de traballo no eido da cultura, a tecnoloxía e o emprendemento, desenvolverá este ano 200 actividades culturais nas que participarán 120.000 persoas e organizará un programa de accións destinadas a impulsar o emprendemento en Galicia que permitirá apoiar a 6.000 persoas.

Santiago de Compostela, 07 de Marzo de 2016

Deseñadores emerxentes protagonizan 'Con-Fío en Galicia'

A exposición Con-fío en Galicia que, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, se inaugurará o vindeiro venres, porá o foco sobre os logros acadados polos grandes deseñadores e empresas do sector téxtil-moda e dará visibilidade aos novos deseñadores galegos procedentes de Esdemga da Universidade de Vigo e a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, as dúas grandes escolas de moda de Galicia.

Santiago de Compostela, 07 de Marzo de 2016

O custo das obras no Gaiás será asumido polas construtoras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere destacar que a revisión que se está a levar a cabo sobre as fachadas de tres dos catro edificios da Cidade da Cultura desde finais do verán pasado non supón custo algún para as arcas públicas nin, polo tanto, para os galegos, e ten como obxectivo mellorar a suxeición da cuarcita que reviste a fachada exterior. Trátase, por tanto, dun exercicio de responsabilidade que consiste en velar polo bo estado dos edificios.

Santiago de Compostela, 23 de Febreiro de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS