Xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel

A súa figura, o seu legado e a súa posta en valor. A xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel abordará as múltiples caras do escritor galego: novelista, articulista, dramaturgo, poeta, académico… pero tamén editor, pintor, coleccionista ou actor. No marco da exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, percorreremos a aventura persoal, intelectual, literaria e artística de Cela a través de expertos como o comisario da mostra Adolfo Sotelo Vázquez, catedrático de historia da Literatura Española da Universidade de Barcelona; os responsables de conservar o seu patrimonio artístico e bibliográfico na Fundación que Cela fundou en Iria Flavia; e da directora artística e decoradora Marta Villar Sanjurjo, responsable de montaxe da exposición.

Programa

16:30 | Camilo José Cela: a polifonía dun escritor. Adolfo Sotelo Vázquez. Comisario da exposición  

17:45 | O legado dun Nobel. Fundación Pública Gallega Camilo José Cela.

18:00 | O proxecto de montaxe da exposición. Marta Villar Sanjurjo. Percorrido pola exposición e ronda de preguntas.

 
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas