O Gaiás achégase ao Obradoiro nunha andaina simbólica

Representantes de diversas institucións, asociacións e colectivos da cidade de Santiago de Compostela participaron esta mañá nun percorrido a pé entre a praza do Obradoiro e a Cidade da Cultura. Este itinerario, que atravesa puntos de alto interese turístico da capital galega, partiu do casco histórico –Patrimonio da Humanidade– para descender polo barrio do Sar e achegarse á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia, a nova área verde nas ladeiras do monte Gaiás onde están a medrar doce mil árbores de especies autóctonas.

Santiago de Compostela, 08 de Abril de 2017

Presentada a Memoria de actividades de Cultura 2016

Román Rodríguez destacou na presentación da Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2016 que durante o pasado ano Galicia avanzou na internacionalización da nosa cultura e patrimonio, con fitos como a Feira do Libro de Bos Aires ou o Womex16; no ámbito da integración das novas tecnoloxías nos arquivos e bibliotecas de Galicia e na renovación do noso marco legal no eido do patrimonio cultural.

Santiago de Compostela, 06 de Abril de 2017

Trinta dos mellores arquitectos e deseñadores galegos réndenlle unha homenaxe á madeira na exposición 'Da árbore á cadeira'

Trinta dos máis importantes arquitectos e deseñadores galegos réndenlle unha homenaxe á madeira na nova mostra da Cidade da Cultura: Da árbore á cadeira, que abre as súas portas este venres, 7 de abril. A nova mostra do Gaiás explora a relación do home cos bosques e ofrece un percorrido polo deseño do moble contemporáneo galego.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2017

50 emprendedores visibilizan os seus proxectos en Cidade Creativa

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta tarde en ‘Cidade creativa’, o mercado da creación diferente co que a Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, pon en valor os proxectos emprendedores que se están a desenvolver no Gaiás. Ao longo de toda a xornada, un total de 50 artistas puideron visibilizar os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.

Santiago de Compostela, 31 de Marzo de 2017

Cándido Hermida doa mobiliario deseñado en exclusiva para a mostra 'Da árbore á cadeira'

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia vén de recibir os mobles fabricados en exclusiva e doados polo grupo empresarial galego Cándido Hermida como colaborador da exposición Da árbore a cadeira, mostra que se inaugurará o 7 de abril no Gaiás e na que se explora a relación do home cos bosques e se ofrece un percorrido polo deseño do moble en Galicia con pezas aportadas por trinta dos mellores arquitectos e deseñadores galegos.

Santiago de Compostela, 29 de Marzo de 2017

Abril de Maruja Mallo

O mes de abril estará adicado na Biblioteca e Arquivo de Galicia a homenaxear a Maruja Mallo, pintora vangardista, que experimentou e colaborou con diversas correntes artísticas do século XX. Transgresora, moderna, feminista, foi unha muller adiantada ao seu tempo, cunha visión lúcida e unha enorme capacidade creativa. Por este motivo, este ano dedícaselle o Día das Artes Galegas, que celebramos o 1 de abril.

Galego

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS