Feijóo preside na Cidade da Cultura a recepción aos campións galegos en competicións internacionais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, renovou onte o compromiso co deporte galego e coa alta competición e anunciou unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel acadados nos anos 2015 e 2016. Durante a recepción aos campións galegos en competicións internacionais, Feijóo destacou o esforzo, o sacrificio e a entrega de todos eles, valores que, segundo aseverou, “convértenos nunha representación de todo o que os galegos somos e do que todos os galegos aspiramos a conseguir”.

Santiago de Compostela, 24 de Marzo de 2017

Entradas esgotadas para a Holi Gaiás

Entradas esgotadas para a Holi Gaiás, a divertida carreira lúdica que terá lugar este sábado, 25 de marzo, na Cidade da Cultura.

Nun percorrido de 5 quilómetros polo complexo deseñado por Peter Eisenman, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar da Cidade da Cultura nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Santiago de Compostela, 21 de Marzo de 2017

Irma Álvarez-Laviada fai visible a terceira Torre Hejduk

Unha intervención da artista Irma Álvarez-Laviada (Xixón,1978) inaugurada o xoves á tarde na Cidade da Cultura de Galicia fai visible a terceira Torre Hejduk a través dunha instalación lumínica. Neste proxecto, titulado A liña Hejduk, a creadora emprega liñas de led para debuxar o contorno do espazo baleiro entre as dúas torres construídas.

Santiago de Compostela, 20 de Marzo de 2017

María Moreira, protagonista da mostra Mulleres Sobranceiras

O Arquivo de Galicia pon en valor o labor pioneiro da deseñadora galega María Moreira a través da exposición Mulleres sobranceiras. A mostra documental, que se pode visitar desde hoxe na Cidade da Cultura, foi presentada esta mañá pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, co gallo do Día Internacional da Muller.

Santiago de Compostela, 08 de Marzo de 2017

Celebra a chegada da primavera o 25 de marzo no Gaiás

A Consellería de Cultura e Educación daralle a benvida á primavera o vindeiro 25 de marzo cunha xornada lúdica nos espazos verdes do Gaiás. Ao longo de todo o día, o Bosque de Galicia, o Xardín Literario e o Parque do Lago da Cidade da Cultura acollerán un amplo programa de actividades que inclúe música, obradoiros, roteiros e ata unha carreira lúdica na que gozar ao aire libre en familia.

Santiago de Compostela, 06 de Marzo de 2017

Cidade Verde

Música, deporte e obradoiros cos que descubrir a natureza dun xeito divertido. A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 25 de marzo a chegada da primavera cunha xornada na que gozar dos seus espazos verdes en familia. Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Bosques (21 de marzo) e do Día Internacional da Auga (22 de marzo), o Gaiás, da man de Viaqua, pon en marcha un completo programa de actividades desde as 11 da mañá no que a diversión irá da man do fomento da conciencia ecolóxica, a sustentabilidade, a vida activa e o coidado do medio. 

Roteiros de primavera

Natureza, deporte e coñecemento. Para recibir a primavera, a Cidade da Cultura convídate a descubrir o seu rico patrimonio natural a través duns roteiros guiados polas zonas verdes do complexo. Unha andaina de pouco máis dunha hora de duración na que ademais de camiñar polo monte, coñecerás a flora que poboa o Monte Gaiás ao tempo que descubres características, anécdotas e lendas asociadas a cada especie.

Aventuras Literarias - Marzo

Último obradoiro de Aventuras literarias, proxecto que busca traballar a promoción dos hábitos lectores e a animación á lectura. Vai dirixido a un público a partir de 7 anos e ata 12 anos, polo que esta actividade está creada cun formato que se adapta ás características desta franxa de idade, a medio camiño entre a nenez e a adolescencia. Trátase dunha especie de contacontos interactivo, a través do que se desentraña a historia narrada empregando xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas.

A Cidade da Cultura e AJE-A Coruña suman esforzos a prol do empremento

A Cidade da Cultura de Galicia acaba de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da provincia da Coruña para impulsar o emprendemento no Gaiás. Actividades formativas, de asesoramento e que buscan favorecer o punto de encontro entre emprendedores e empresarios serán os tres eixes nos que AJE e a Cidade da Cultura traballarán ao longo deste 2017 no Centro de Emprendemento de Galicia (CEM).

Santiago de Compostela, 23 de Febreiro de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS