Celebramos o Día dos Museos o 20 de maio

A Cidade da Cultura celebra o vindeiro 20 de maio os cinco anos do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde, entre as 12:30 e as 20 horas, que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros e exposicións.

Santiago de Compostela, 08 de Maio de 2017

Día dos Museos 2017

A Cidade da Cultura conmemora o vindeiro 20 de maio os cinco anos de actividade cultural do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde entre as 12:30 e as 20 horas que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros e exposicións.

Cantos de poeta, de Gelria, para o Día das Letras

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras no Gaiás co espectáculo Cantos de poeta de Gelria. Entre as numerosas homenaxes que as institucións galegas realizarán a Carlos Casares este 17 de maio, a Cidade da Cultura acollerá a partir das 13 horas na Sala Eisenman unha homenaxe aos nosos autores a través da voz e música deste trío musical.

Santiago de Compostela, 02 de Maio de 2017

Cantos de poeta. Concerto de Gelria

Música e poesía para celebrar o Día das Letras Galegas. A Cidade da Cultura celebra o 17 de maio cunha coidada homenaxe aos nosos autores a través da voz e a música de Gelria, trío formado por Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario G. Cortizo. Cantos de poeta ofrecerá na Sala Eisenman unha experiencia cultural e un percorrido histórico por Galicia a través dos seus principais poetas e versos. 

VII Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por sétimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no VII Encontro de Artistas Novos, coordinado por Rafael Doctor, que se celebrará do 27 ao 31 de agosto de 2017. 

A IV Carreira Camiño das Letras unirá o Pico Sacro co Gaiás

A Cidade da Cultura será este ano a meta da Carreira Camiño das Letras, promovida por Xurdir coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. A literatura e a lingua galegas únense nesta iniciativa á práctica deportiva e mais á ruta xacobea para celebrar o 17 de maio, que a Real Academia Galega lle dedica este ano ao escritor Carlos Casares.

Santiago de Compostela, 26 de Abril de 2017

Día da Danza

A Cidade da Cultura celebra un ano máis o Día da Danza cun obradoiro familiar no que descubrir os bailes tradicionais.

Seguindo as indicacións de Mercedes Prieto, descubriremos e aprenderemos os pasos dos xogos e bailes de roda como a Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoán ou o Gharutiño. E ademais, farémoslle unha chiscadela ao calendario, introducíndonos nas danzas dos maios. Todo acompañado coa música ao vivo de Serxio Cobos, que interpretará diferentes sons co acordeón, a gaita e percusións.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS