Cidade Creativa

O Centro de Emprendemento do Gaiás celebra o vindeiro 30 de marzo Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos. Ao longo de todo o día, un total de 50 artistas darán a coñecer os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.

Cidade Creativa contará cunha pequena feira con pezas de autor, produtos exclusivos e artesáns expertos, ademais dun escaparate de produto no ámbito do deseño contemporáneo, con demostracións en directo. As outras dúas patas de Cidade Creativa serán a galería de arte e deseño, con presentacións de novos proxectos, formatos alternativos e autores emerxentes; e un mercado de nova edición, espazo para as novas propostas e formatos que están a revolucionar o mundo da edición artística, desde os fotolibros aos álbumes ilustrados.

Música en directo, performances, monólogos e ata unha pinchada completarán este día dedicado ao talento creativo galego, no que tamén se facilitará o encontro entre emprendedores para compartir ideas e establecer sinerxías.

Programa

11.30 | Inauguración institucional.

12.00-14.00 | BIC Express: comparte a túa experiencia!

  • A importancia de crear o teu discurso profesional por Concha Diéguez de Reverso Comunicación, Cultura e Lingua.
  • Explorando o camiño ao éxito por Beatriz G. Cibreiro de ComuniArte.
  • Minimasterclass de iluminación por Andreu Romaní de Andreu Romaní Fotografía.
  • Se te sintes ben, traballas mellor: ergonomía e saúde na contorna laboral por Andrea Tapias de MásQuePapel.
  • Impresión manual sobre madeira por Isabel Pernas de Quenindiola.

16.30 | Apertura xeral de portas: comezo público de #CidadeCreativa.

Visita o noso mercado diferente e participa das performances, photocalls e demáis sorpresas que as empresas do CEM prepararon para a xornada. Participan: Actante Dourada / AGPXC Xestores Culturais / AJE A Coruña / Eva Agra / B-Ride Banana / Helen Bertels / Marcos Boedo / Blockhead / ComunicArte / Correveydile / Reina D’Hoore / Nuria Díaz / Do Paraná / Carolina Fernández / David Fidalgo Omil / Five Sensation / Galix / Iki Findik / Instituto de Medios Sociales / IUNI consulting / Jean Fixx / Galiwonders / Jas&Fixx / Juanma LoDo / Luís Magarinhos / Más Que Papel / My Mom Did It (Marisa Martorell) / Nana (Diana Rodeiro) / No3l / Paripepop / Jas Processor / Quenindiola / Reverso / ReEvoluciona (Marcos López) / Andreu Romaní / Sar Cerámica / Diana Sieira / Adrián Taracido / Lara Torres / Urco Editora / Diego V. Meizoso / Esther Xeix

16.30-18.30 | Aprende a realizar o teu “pussyhat” dende cero! En paralelo haberá actuacións/performance de Diana Sieira, Helen Bertels, Caroline Fernandez…; así como showroom de proxectos, creación en directo, postos de información e moito máis!

18.30-19.30 | O Goteo Creativo: rolda de presentacións en formato Pecha-Kucha (20 imaxes x 20 segundos). Preséntanse: Asociación de Xestores Culturáis / BlockHead / Gálix / Luís Magarinhos / Más Que Papel / Mulleres Bravas de Urco Editora / Nana Art / Paripepop / ReEvoliciona / Diego V. Meizoso

19.30 | Live Set Juanma LoDo.

20.00-22.00 | Set DJ. Jas Processor / JEAN FIXX / Jas & Fixx.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas