Cantos de poeta. Concerto de Gelria

Música e poesía para celebrar o Día das Letras Galegas. A Cidade da Cultura celebra o 17 de maio cunha coidada homenaxe aos nosos autores a través da voz e a música de Gelria, trío formado por Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario G. Cortizo. Cantos de poeta ofrecerá na Sala Eisenman unha experiencia cultural e un percorrido histórico por Galicia a través dos seus principais poetas e versos. 

Sons tradicionais e de raíz, jazz, clásicos e contemporáneos serven de base para esta antoloxía musicada da poesía galega que inclúe cancións como Amemos, feita a partir do poema homonónimo de Carlos Casares, protagonista indiscutible deste 17 de maio.

E, tras o concerto, terá lugar un vermú literario para seguir celebrando o Día das Letras por cortesía de Petroni.