Trap en galego, pop bizarro e punk festeiro no Atardecer no Gaiás desta semana

Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca mañá xoves, día 10, coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova, ao que lle seguirá o venres o coñecido pop bizarro de

Santiago de Compostela, 09 de Agosto de 2017

Noite das Perseidas na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia volve a converterse nun escenario excepcional para contemplar este sábado, día 12, a xa tradicional Noite das Perseidas, sempre e cando o tempo acompañe, xa que os expertos recomendan situarse nun lugar suficientemente afastado das luces de vilas e cidades, sen contaminación lumínica, e colocarse preferentemente cara o leste.

Santiago de Compostela, 07 de Agosto de 2017

Seleccionados seis proxectos emprendedores no Vodafone Connecting for Good Galicia 2017

O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da segunda edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Santiago de Compostela, 03 de Agosto de 2017

Pop folkie e indie para musicar os primeiros solpores de agosto

A Cidade da Cultura de Galicia aposta polo pop -na versión folkie de Manel e na indie de Espanto- para musicar os solpores da primeira semana de ‘Atardecer no Gaiás’, que arranca o xoves, día 3, cunha nova sesión de cinema ao aire libre na que se proxectará ‘Quadrophenia’, en homenaxe a The Who.

Santiago de Compostela, 02 de Agosto de 2017

Seleccionados para o #EAN7

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”, que terá lugar do 27 de ao 31 de agosto no Gaiás.

Santiago de Compostela, 21 de Xullo de 2017

O Nobel Serge Haroche visita o Gaiás

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou hoxe o premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, na súa visita á Cidade da Cultura de Galicia, un percorrido no que tamén participou o profesor Jorge Mira. Haroche visita estes días a capital galega no marco do Programa de divulgación científica ConCiencia 2017, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de Xullo de 2017

José Suárez regresa a Xapón

A Cidade da Cultura de Galicia exhibe no Instituto Cervantes de Toquio a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, mostra sobre a obra dun dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira metade do século XX. Tras o seu paso por Madrid, Bos Aires, Montevideo e París, a mostra chega agora a Xapón, un dos países que máis marcaron a traxectoria profesional e vital de José Suárez.

Santiago de Compostela, 18 de Xullo de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS