Día da Danza

A Cidade da Cultura celebra un ano máis o Día da Danza cun obradoiro familiar no que descubrir os bailes tradicionais.

Seguindo as indicacións de Mercedes Prieto, descubriremos e aprenderemos os pasos dos xogos e bailes de roda como a Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoán ou o Gharutiño. E ademais, farémoslle unha chiscadela ao calendario, introducíndonos nas danzas dos maios. Todo acompañado coa música ao vivo de Serxio Cobos, que interpretará diferentes sons co acordeón, a gaita e percusións.

MERCEDES PRIETO. Desde o 2013 é alumna do programa de doutoramento en Ciencias da Educación da Universidade de Évora (Portugal).  Autora de tres publicacións de danza: Zampadanzas da editorial Do Cumio, Na punta do pé de Pesdelán, editada por Kalandraka e Entroidanzas que é autoedición de Pesdelán. Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.

SERXIO COBOS. Especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folcklore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989. Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.

 
En familia
 
7 e 14 Xul | 18 e 25 Ago
19:00
Unha noite no bosque
19 Agosto
11 a 20.30 horas