O Gaiás pon a disposición dos Concellos os seus espazos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos concellos de toda Galicia os espazos da Cidade da Cultura co fin de que poidan aproveitar as posibilidades arquitectónicas e a visibilidade deste complexo para todas as presentacións e actos promocionais que desexen levar a cabo na capital de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de Xullo de 2017

Malandrómeda abre este xoves Atardecer no Gaiás 2017

A programación de verán arranca este xoves na Cidade da Cultura, co primeiro concerto de Atardecer no Gaiás protagonizado por Malandrómeda e a primeira das sesións das andainas guiadas pola Fundación USC Deportiva Camiño ao Gaiás. Ademais, o venres dará comezo unha nova actividade para os máis pequenos: Unha noite no bosque, na que rapaces de 10 a 13 anos poderán gozar da natureza acampando nos espazos verdes do Gaiás.

Santiago de Compostela, 05 de Xullo de 2017

A Cidade da Cultura acollerá o Mundial de Xadrez en 2018

A Cidade da Cultura acollerá do 3 ao 16 de novembro de 2018 o Mundial de Xadrez nas categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12, no que participarán ao redor de 3.000 persoas de case 100 países de todo o mundo. Así se deu a coñecer esta mañá no Concello de Santiago nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; as concelleiras de Turismo e Deporte, Marta Lois e Noa Morales; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.

Santiago de Compostela, 05 de Xullo de 2017

Cultura publica unha edición conmemorativa de Cela con motivo do seu centenario

Baixo o título Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Consellería de Cultura e Educación presentou hoxe unha compilación de artigos de distintos autores que ofrecen unha visión global do autor de Iria Flavia tanto no que se refire á súa traxectoria literaria como persoal.

Santiago de Compostela, 28 de Xuño de 2017

A Xunta e o INCAA asinan un acordo para a coprodución audiovisual no marco do ConectaFICTION

Conecta Fiction, primeira feira dedicada a impulsar a coprodución de series de televisión entre Europa, Latinoamérica e os Estados Unidos de fala hispana, rematou na Cidade da Cultura coa firma dun memorándum de entendemento entre Galicia e Arxentina para promover de xeito conxunto a creación audiovisual.

Este é un dos principais acordos institucionais acadados estes días, entre os moitos que foron pechando as empresas privadas e as entidades públicas que están a participar no encontro televisivo que reuniu preto de 400 acreditados procedentes de 20 países.

Santiago de Compostela, 26 de Xuño de 2017

ConectaFICTION promove as coproducións internacionais

Conecta FICTION, o primeiro evento internacional dedicado á coprodución de series televisivas entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos de fala hispana, está a desenvolver hoxe a súa segunda xornada de actividade, centrada en Arxentina como país convidado e no anuncio de varios proxectos de coprodución internacional.

Santiago de Compostela, 22 de Xuño de 2017

400 profesionais participan no ConectaFICTION

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe na inauguración do Conecta Fiction e ante grandes empresas do audiovisual o potencial de Galicia para “crear contidos exitosos”. Neste senso, indicou que a “ficción con selo galego” e a “vocación internacional” constitúen “o noso produto” para contribuír “na idade de ouro das series”.

Santiago de Compostela, 21 de Xuño de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS