Día dos Museos 2017

A Cidade da Cultura conmemora o vindeiro 20 de maio os cinco anos de actividade cultural do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde entre as 12:30 e as 20 horas que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros e exposicións.

Ademais de botar a vista atrás e recordar a traxectoria do Museo en forma de cartaces, o eixe central sobre o que xire esta xornada será a exposición Da árbore á cadeira, nunha homenaxe á madeira e as súas artes. Así, ademais de poder descubrir esta mostra a través de percorridos comentados, os visitantes descubrirán outros 33 prototipos realizados polos alumnos de deseño de centros de FP e Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia na mostra Artesáns da madeira: as novas xeracións. Tamén de madeira serán os xogos tradicionais como a chave ou os birlos que, desde primeira hora, estarán no Museo Centro Gaiás para goce de grandes e pequenos. Durante toda a tarde terán lugar tamén tres obradoiros para fomentar a creatividade dos máis pequenos: de papiroflexia, robots en cartón e de láser grafiti.

Finalmente, o Día dos Museos complétase cunha sesión vermú cortesía de Petroni amenizada por un DJ de luxo: Delafé e a súa magnífica selección de música soul, funk, hip hop e indie internacional. 

 
En familia
 
7 e 14 Xul | 18 e 25 Ago
19:00
Unha noite no bosque
19 Agosto
11 a 20.30 horas