Balnearia Bibliográfica

Galicia. Terra das augas. Unha antiga definición que recolle séculos de vida ao redor de mananciais, fontes servizos de saúde e repouso. Unha característica única e preciosa que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián. Unha produción bibliográfica antiga e moderna de gran calidade e beleza.

Balnearia Bibliográfica. Un percorrido polas augas minerais de Galicia expón 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros, folletos...Estamos ante unha mostra que non pretende máis ca amosar unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento.

 
Exposicións
 
16 Mar - 20 Ago 2017
De 10 a 20
A liña Hejduk
7 Abr - 5 Nov 2017
De 10 a 20
Da árbore á cadeira
11 Abr - 3 Xuñ 2017
José Suárez