Fredy Solano fai emerxer 'a torre non existente' entre as Hejduk

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou esta mañá a necesidade de promover a creación contemporánea e de abrir espazos para a experimentación artística e o fíxoo na inauguración de ‘A través dun horizonte sen corpo’, o proxecto de Fredy Solano (El Salvador, 1992) que resultou gañador o ano pasado no Certame de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocatoria á que se poden presentar os participantes no Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’.

Santiago de Compostela, 31 de Agosto de 2017

O EAN7 volve promover na Cidade da Cultura a creación contemporánea

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, deu esta mañá a benvida aos 40 seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia (EAN_VII), todos eles creadores emerxentes chegados ao Gaiás desde diferentes puntos de Galicia, do resto do España e tamén de América Latina, grazas a unha colaboración co Goberno de Arxentina, que ofertou unha bolsa a tres deles.

Santiago de Compostela, 28 de Agosto de 2017

Volven os obradoiros artísticos das Finde na Balea

A Cidade da Cultura de Galicia convida os máis pequenos e pequenas a subir ao Gaiás todos os sábados de setembro para sacar fóra o grande artista que levan dentro. Será grazas ao programa creativo Findes na Balea, que volve á programación do Museo Gaiás para que nenos e nenas experimenten coa súa faciana creativa a través das exposicións que acolle na actualidade: Da árbore á cadeira e Flor Novoneyra.

Santiago de Compostela, 23 de Agosto de 2017

O filme de culto This is Spinal Tap e a música de DJ Isaac Torgal para o único Atardecer no Gaiás desta semana

O ciclo Atardecer no Gaiás contará esta semana cunha nova sesión de cinema ao aire libre. Nesta ocasión, permitirá gozar de This is Spinal Tap, un falso documental de culto que se poderá ver en versión orixinal, con subtítulos en galego. Esta proxección virá precedida, como vén sendo habitual, por unha pinchada personalizada do coñecido DJ Isaac Torgal, que contextualizará cos seus temas o mundo e xénero musical que se aborda no filme.

Santiago de Compostela, 15 de Agosto de 2017

Vinde gozar dunha Cidade Imaxinaria retrofuturista en familia e no Gaiás

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida as familias a gozar, un ano máis, dunha das citas xa clásicas do verán, Cidade Imaxinaria. Nesta sétima edición engalana as súas oito horas de espectáculos, xogos e obradoiros coa estética retrofuturista do steampunk para facerlles sentir a grandes e a pequenos protagonistas, na Cidade da Cultura de Galicia, de historias fantásticas como as dos relatos de Julio Verne, H.G. Wells ou Arthur Conan Doyle.

Santiago de Compostela, 14 de Agosto de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS