Magostos no Gaiás. Batallán en concerto
Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, estarán presentes na segu
Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, estarán presentes na segu
Para abrir a primeira cita dos Magostos no Gaiás 2017 contaremos cun dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia, Seivane.
O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle un acto homenaxe á figura de Germán Lago, fundador e director de diferentes agrupacións musicais de pulso e púa, e que presentou en Madrid en 1929 a Orquesta Ibérica, formación de bandurrias, laúdes e guitarras que contou dende os seus comezos coa favorable atención dos críticos e compositores da Xeración do 27 e numerosos contratos discográficos.
A Cidade da Cultura de Galicia exhibe no Instituto Cervantes de Nova Delhi a exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’, mostra sobre a obra dun dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira metade do século XX. Tras o seu paso por Madrid, Bos Aires, Montevideo, París e O Xapón, un dos países que máis marcaron a traxectoria profesional e vital de José Suárez, a mostra chega á capital da India.
A Cidade da Cultura de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia para impulsar o emprendemento no Gaiás. En virtude deste acordo, o Centro de Emprendemento Creativo cederalle de balde un espazo para que AJE Galicia localice no CEM a súa delegación en Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da provincia de Pontevedra para impulsar o emprendemento no Gaiás. En virtude deste acordo, o Centro de Emprendento do Gaiás cederalle de balde dous espazos aos gañadores dos premios que convoca anualmente: Joven Empresario y Joven Emprendedor del Año, á vez que se integrarán no seu programa de formación.
A Cidade da Cultura, no marco de programas de actividades asociadas á exposición de Antón Lamazares Flor Novoneyra, acollerá o sábado 14 de outubro un concerto de Uxía, onde a artista interpretará temas do seu novo traballo, un libro-disco no que canta poemas de Uxío Novoneyra.
Descubre unha das obras arquitectónicas con máis forza visual de España, nunha visita guiada desde o mesmo centro histórico de Santiago de Compostela, e na que explorarás a cidade de cuarcita e cristal que emerxe no cumio do monte Gaiás.
Accede a espazos restrinxidos ao público, goza de instalacións artísticas e exposicións, saborea uns petiscos galegos e leva un obsequio de recordo.
Inclúe:
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o sábado 14 de outubro o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares.