O Gaiás acollerá as charlas TEDXGalicia para promover a difusión de ideas innovadoras

A Cidade da Cultura na súa aposta por promover a difusión de ideas innovadoras acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terán como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

Santiago de Compostela, 21 de Setembro de 2017

Miúda Clásica!, gozar en familia da música clásica coa Orquestra de Cámara Galega

A Cidade da Cultura de Galicia convida a gozar en familia da música clásica coa Orquestra de Cámara Galega, que o vindeiro sábado 7 de outubro ofrecerá no Museo Centro Gaiás o concerto Miúda clásica, unha proposta pensada como unha oportunidade para achegarse a grandes compositores nunha velada para todos os públicos.

Santiago de Compostela, 20 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura acolle o acto de entrega da Medalla do Traballo a Xerardo Fernández Albor

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o sábado, día 16, o acto de entrega da Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor, nun evento ao que asistiron os titulares dos Executivos central e galego, Mariano Rajoy Brey e Alberto Núñez Feijóo, respectivamente, ademais do ministro de Cultura, Íñigo Méndez de Vigo, e da presidenta do Congreso dos Diputados, Ana Pastor.

Santiago de Compostela, 16 de Setembro de 2017

Uxía-O. Concerto vencellado á exposición 'Flor Novoneyra'

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares. Por iso, era obrigada esta actuación no Museo Centro Gaiás que desde o pasado 2 de xuño acolle esta exposición que é, en palabras do propio artista lalinense, o seu "testamento pictórico".

7H: "O Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco supuxo o pulo que precisabamos para botar a flote a cooperativa"

7H é unha cooperativa de traballo asociado dedicada á creación e á xestión cultural. En 2014 gañou a segunda edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, na categoría de xestión cultural e, a día de hoxe, continúa a desenvolver o seu proxecto no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

Galego

As Nocturnas 2017, música e arte para os venres noite de outubro no Museo Gaiás

O Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia, convida os venres noite de outubro a unha descuberta diferente, distendida e vinculada co lecer das grandes exposicións que acolle: Flor Novoneyra e Da árbore á cadeira. E faino a través do programa As Nocturnas, nas que a música e arte visten e acompañan a estas visitas comentadas.

Santiago de Compostela, 13 de Setembro de 2017

Robert Henke nos WOS Encontros do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia é escenario esta semana, mañá mércores e o xoves, de parte dos Encontros do WOS Festival que este certame de cultura urbana e vangardista celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela. Nestes faladoiros abertos ao debate, o Gaiás contará coa presenza de Robert Henke, referente internacional da música electrónica e artífice do Ableton Live, o software de creación musical por excelencia.

Santiago de Compostela, 05 de Setembro de 2017

Flor Novoneyra amplíase ata o 15 de outubro no Museo Gaiás

Flor Novoneyra, a ambiciosa exposición sobre un dos pintores galegos con maior recoñecemento e proxección internacional: Antón Lamazares (Lalín, 1954), amplía a súa estadía no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, ata o 15 de outubro.

A exposición, que une dos xigantes da cultura galega como Lamazares e Uxío Novoneyra, foi inaugurada o 3 de xuño e tiña previsto clausurarse o 17 de setembro. No entanto, o Museo Centro Gaiás continuará a albergar un mes máis esta mostra que o mesmo artista do Deza define como o seu “testamento pictórico”.

Santiago de Compostela, 01 de Setembro de 2017

V Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, e que contan coa colaboración do Igape.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS