200 inventores no Gaiás co Maker Faire Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acolle esta fin de semana, a III Maker Faire Galicia,  un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, onde a educación ten un peso relevante entre os 50 proxectos dos 200 ‘makers’ que participan este ano, unha cifra superior á media das anteriores edicións.

Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2017

Escenas do Cambio 2018 programará 13 espectáculos de cinco países

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de ‘Garage’.

Santiago de Compostela, 23 de Novembro de 2017

O campamento do circo

Acróbata, malabarista, equilibrista ou clown. Este Nadal poderedes ser calquera destes personaxes imprescindibles do circo grazas aos campamento de mañá que celebraremos no Museo Gaiás.

Deste xeito, contaredes cunha divertida e didáctica oferta cultural para estes festivos de Nadal para dar os vosos primeiros pasos en acrobacias de chan,  malabares, equilibrios ou técnicas de clown. Clases divertidas coas que iniciarvos neste fantástico mundo.

Recupérase a obra fotográfica de Pestana cunha exposición no Instituto Cervantes en Madrid e na Cidade da Cultura de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director deInstituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, anunciaron esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia que ambas institucións organizarán de xeito conxunto unha gran exposición para recuperar e pór en valor a obra de Baldomero Pestana (Castroverde, Lugo. 1917-2015), fotógrafo galego descoñecido para o gran público, pero un referente da imaxe na segunda metade do século XX.

Santiago de Compostela, 15 de Novembro de 2017

Tres proxectos liderados por mulleres álzanse cos V Premios Emprende Gaiás -Sixto Seco

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe a entrega dos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco, unha quinta edición destes galardóns na que cabe salientar que os proxectos gañadores das tres categorías están liderados por mulleres.

Santiago de Compostela, 14 de Novembro de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS