Volve Findes na Balea

Queredes sacar fóra toda a creatividade artística que levades dentro? Iso é posible nas Findes na balea, programa familiar e de experimentación coa arte e coas  exposicións do Museo Centro Gaiás, que todas as tardes dos sábados de setembro se vai transformar nun especie de taller para a creatividade e a imaxinación no que podedes demostrar que o talento creativo é maior canto máis pequenos somos.

Findes na balea ofrécevos, nesta volta, tres obradoiros que se celebrarán en cinco sesión de dúas horas de duración cada unha: Xardíns Portátiles (o 2 e o 16 de setembro), Poesía Visual (9 de setembro) e Debuxando o Gaiás (o 23 e o 30 de setembro) que están vinculados ás exposicións Da árbore á cadeira e Flor Novoneyra, que acolle nestes momentos o Museo Centro Gaiás.

Neles, os máis pequenos e pequenas da casa ides amosar o voso gran potencial artístico e creativo construíndo o voso xardín coas plantas que se dan espontaneamente no Monte Gaiás e que levaredes para a vosa casa: creando un poema visual co Alfabeto Delfín de Lamazares; ou reflectindo plástica e pictoricamente a vosa propia visión da Cidade da Cultura.

 

 

 

 
En familia