Miúda Clásica! Concerto para toda a familia da Orquestra de Cámara Galega

Nin aburrida, nin eslamiada! A música clásica é ben entretida, divertida e, como non, un perfecto plan para gozar en familia e achegarlles aos máis pequenos e pequenas da casa un repertorio que os cativará polos seus ritmos e composicións amenas e suxestivas, que alimenta as mellores das historias: as que a música nos recrea e provoca no maxín!

Este é o fin de Miúda Clásica! : acabar cos prexuízos entre os máis pequenos, e os que non o son tanto, de que a música clásica non é un plan divertido e tampouco familiar. Para desbotar esta errada idea, contamos cunha estupenda aliada, a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba fillo, que trae á Cidade da Cultura de Galicia Quatro momentos, un programa cun repertorio que fará que a música clásica forme parte do voso lecer e das vosas vidas para sempre. 

Repertorio de Quatro momentos:

– Sarabanda sobre un tema de Haendel. Rogelio Groba. 4’

– Suite Saint Paul de Gustav Holst. 15’:

• JIG

• Ostinato

• Intermezzo

• Finale (The Dargason)

– Adagio para clarinete e orquestra. H.J. Baermann. 6’39’’

– Simple Simphony Op. 4. Benjamin Britten. 20’39’’:

• Boisterous Bourrée

• Playful Pizzicato

• Sentimental Saraband

• Frolicsome Finale

– Romanza. Jean Sibelius. 5’

– Quatro momentos. Ernani Aguiar. 12’:

• Tempo de Cabocolinhos

• Tempo de Maracatú

• Canto

• Marcha

Orquestra de Cámara Galega

Rogelio Groba – Director Concertino

Lola García – Clarinete

Iván Martínez, Pedro Piñol, Mónica Fuentefría e Domingo Etcheverría – Violíns I

Sara García López, Enrique Agrelo, Moises Gestal e Laura Parrado – Violíns II

Xavier Fernández, Marta Oro Amón e Oscar Tomé – Violas

Alba Reirís, Guillermo e Sara Postigo – Cellos

Pilar López Seijo e Jose Manuel Canosa – Contrabaixos