V Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, e que contan coa colaboración do Igape.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
  2. Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica.
  3. Iniciativas na área da xestión cultural.

O premio en cada unha das modalidades será:

  1. Incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
  2. Asesoramento personalizado durante ese tempo para contar con titorización ao longo do desenvolvemento do proxecto.
  3. Premio en metálico de 2.000 euros.

 

As solicitudes deben presentarse antes do 5 de outubro, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Consulta máis polo míudo esta información nas bases, dispoñibles na área de descargas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027