Concurso de postais de Nadal 2017/2018

A Cidade da Cultura anima os máis pequenos e pequenas da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.

Participar é moi fácil. Sigue estes pasos:

Descarga a plantilla

Pinta o teu Nadal no Gaiás 

Envíanos a postal ou deposítaa na caixa do correo do Museo Centro Gaiás antes do 29 de decembro.

 

As autoras/es das tres máis orixinais recibirán un agasallo, que se lles entregará  o  4 de xaneiro de 2018 na Gran Gala do Circo.

Bases

  • Concurso dirixido a nenos de 0 a 9 anos.
  • Premios ás tres postais gañadoras.
  • A postal deberá levar o nome do autor, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
  • As postais poderán enviarse ata o 29 de decembro ás 12:00 a online@cidadedacultura.org ou por correo postal (Museo Centro Gaiás, Gaiás s/n, Santiago). Tamén poderán entregarse no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás.
  • O xurado será designado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia a tal efecto e o fallo emitirase o 2 de xaneiro de 2018.
  • A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e a decisión do xurado que se teña designado.
  • A Cidade da Cultura poderá difundir a través de calquera dos seus canais as postais presentadas ao concurso.
 
En familia
 
15 DEC ao 6 XAN
10:00 a 20:00h
27 DECEMBRO
17 horas
28 DECEMBRO
12 horas
3 XANEIRO
12 horas
26-27 XANEIRO